A Apehl felicita aos resturantes lugueses galardoados co Prato de Ouro de Radio Turismo


A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) felcita aos equipos dos restaurantes O Asador de Alba, de Barreiros, e Canedo Restaurante & Brasería, de Lugo, así como a Nardo Eiroa polos Platos de Ouro e o Touche Blanc concedidos, respectivamente, por Radio Turismo. O presidente da Aphel, Cheché Real, transmítelles publicamente os seus parabéns “por toda a súa traxectoria no mundo da restauración e ser uns grandes embaixadores da gastronomía desta provincia”.

Os galardoados recolleron os premios nunha gala celebrada xa a semana pasada en Ourense, onde se citaron hostaleiros e profesionais do sector.

O restaurante mariñano abriu as súas portas hai 28 anos e ten actualmente uns 22 traballadores, este Plato de Ouro é un recoñecemento á excelencia gastronómica por toda unha vida dedicada aos fogóns e á restauración. Ao longo da súa traxectoria profesional, Digna Irimia e José Fernández, xunto ao seu equipo, apostaron pola mellora continua do servizo global de atención ao cliente e das súas instalacións, chegando a ser na actualidade un referente na celebración de eventos.

Pola súa banda, Canedo Restaurante & Brasería, que tamén recibiu o Prato de Ouro, é un establecemento especializado en carnes á brasa e caracterízase por buscar os mellores produtos e provedores locais, así como polo ambiente agradable e aberto á natureza. Ao frente deste negocio hostaleiro está Nardo Eiroa, quen foi recoñecido tamén co Touche Blanc (Gorro Blanco) polo seu traballo e esforzo diario por aumentar a oferta gastronómica lucense, ensalzando os produtos locais e coidando dunha cociña tradicional e creativa. É tamén membro da Asociación Provincial Cociñeiros Lugo.