Posta en valor os recursos turísticos de Miño vencellados ao Camiño de Santiago

O patrimonio e a influencia do Camiño Inglés no concello de Miño é o eixe arredor do que xira a peza audiovisual que se presentou no Concello de Miño nun acto no que participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. O audiovisual é parte do proxecto Música en CaMiño, que se está desenvolvendo no marco do programa O Teu Xacobeo cunha axuda de algo máis de 14.000 euros.

Representantes de asociacións veciñais e culturais do municipio que participaron no vídeo, así como o presidente de la asociación de concellos do Camiño Inglés e alcalde de Oroso, Manuel Mirás, o alcalde de Miño, Manuel Vázquez e o resto de la corporación  achegáronse para visualizar a creación que representa o “punto de partida dunha programación de actividades para poñer en valor os recursos turísticos de Miño vencellados ao Camiño de Santiago”, explicou Nava Castro. 

Concertos musicais nos emprazamentos do CaMiño e pasarrúas; degustación de produtos da ría en colaboración coa Confraría de Pescadores de Miño e á Asociación de Empresarios de Miño e actividades en colaboración coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Miño e co Club Deportivo Naútico de Miño completan a programación desta proposta que forma parte do programa O Teu Xacobeo que está a permitir levar o espírito do Camiño por todo o territorio galego a través dun total de 220 propostas que se están a desenvolver no marco desta segunda edición do programa, cun investimento total de 3,3 millóns de euros.