O Clúster de Turismo de Galicia xestionará o espazo para reunións de negocios en Fitur


O presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, destacou a importancia singular da edición da Feira Internacional de Turismo Fitur que arracou hoxe no recital IFEMA de Madrid. Para o presidente do Clúster, a feira chega nun momento no que pode comezar a recuperación da actividade turística, na que Galicia comeza coa forza de ser un destino seguro e coa oportunidade que representa o Xacobeo 2020-2021.

O stand galego ocupará unha superficie de 1.000 metros cadrados e estará situado nas parcelas PC07 / 9C09 do Pavillón 9. O Clúster de Turismo de Galicia xestionará o espazo para reunións de negocios no stand de Galicia. O recinto está dividido en 10 espazos nos que estarán representados os diferentes destinos da Comunidade. Tamén haberá unha simulación virtual do Camiño de Santiago e programarase, ademais de reunións profesionais e máis de 40 presentacións, obradoiros, catas de produtos e actuacións musicais.