Hostelería de Galicia rexeita normas restrictivas do goberno central en materia de horarios e aforamentos


A Confederación Galega de Empresarios de Hostalería e Turismo (HOSTELERÍA DE GALICIA) mostra a súa preocupación ante o intento do goberno de solucionar posibles situacións de risco recomendando restricións para o sector en forma de limitación de horarios e aforamentos, tal como expuxo a Ministra de Facenda, María Jesús Montero, tras o Consello de Ministros, cando declarou que o ordenamento xurídico contempla medidas “que non teñen por que afectar os dereitos fundamentais, como pode ser regular os horarios de apertura de establecementos, como o lecer nocturno, que é unha competencia autonómica e que é un mecanismo que regula o fluxo das persoas”.

Desde o sector defenden o traballo dos Tribunais Superiores de Xustiza que están a actuar con sentido común, esixindo dous elementos claves como son a xustificación e a proporcionalidade das medidas que se poidan aplicar.

Para analizar a situación hai que ter en conta que a realidade territorial é moi diferente e, entendendo que as CC. AA. apliquen medidas no ámbito das súas competencias, o goberno central ten que avogar por solucións como a aplicación de vacinas a colectivos laborais e xustificar tecnicamente as medidas, que é o que os Tribunais lle recriminan.