Feiraco celebra “10 anos de leite con letras"


Neste 2021 a marca Feiraco celebra “10 anos de leite con letras”, escolléndoo como lema para festexar a festividade das Letras Galegas, á que se suma un ano máis pondo en marcha o seu certame de microrrelatos, que cumpre o seu décimo aniversario, e por segundo ano consecutivo, o concurso artístico para os máis pequenos. 

Ademais como novidade este ano lanzará tamén unha promoción no punto de venda para conmemorar o Día das Letras Galegas, na que pola compra de unha caixa de calquera das variedades de 6x1 Litro de Leite Feiraco os consumidores poderán participar no sorteo de agasallos elaborados por artesáns galegos subindo o seu tíquet de compra á aplicación do sorteo de Feiraco.