Cecilia Pereira recolle en FITUR o Premio Scout 2019

O recinto de promoción turística de Galicia en FITUR 2021 foi o marco da entrega do Premio Scout 2019 entregado á Xunta de Galicia a través da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, o organismo de Turismo de Galicia, que xestiona a rede pública de albergues do Camiño de Santiago.

Precisamente as facilidades ao Movemento Scout no acceso á rede pública de albergues, a nivel nacional e internacional, e o patrimonio social que representa o Camiño de Santiago, foron claves para a concesión deste galardón.

No acto institucional, participou a comisaria do Xacobeo 2021 e conselleira delegada da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Cecilia Pereira, que recibiu o premio no nome da Xunta; xunto coa presidenta de Scouts de España, Elena Cabezas, o vicepresidente da entidade, Alejandro Rescalvo e o secretario, Pablo Álvarez, entre outros membros do Equipo Scout.

“Fíxonos especial ilusión realizar esta entrega de premios nun marco incomparable como é FITUR 2021; non só polo que representa en canto a destinos turísticos, senón tamén pola esperanza que supón a idea de recuperar a ‘normalidade, volver viaxar e percorrer novos camiños”, sinalou a presidenta de Scouts de España.

Pola súa parte, Cecilia Pereira agracedeu no nome da Xunta e referiuse a valores que xorden arredor do Camiño de Santiago, cono a solidariedade, “compartido co movemento Scout”. Pereira tamén avogou por unha pronta recuperación dos fluxos de peregrinos nas distintas rutas e convidou a Scouts de España a seguir vencellados ao Camiño “tamén neste Xacobeo 21-22”.

Os Premios Scouts son unha das máis altas distincións que concede Scouts de España: recoñece o labor de persoas ou organizacións públicas ou privadas que colaboran de maneira significativa coa entidade, as súas organizacións federadas ou grupos scouts, a favor do desenvolvemento da infancia e a mocidade, fomentado os valores do escultismo.

Scouts de España é unha organización de carácter educativo, independente, plural e con máis de 100 anos de historia. Está formada por 17 Organizacións Federadas en representación de 15 Comunidades Autónomas e as Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla. Conta con máis de 35.000 socios e socias, e 7.000 persoas voluntarias. Traballamos para contribuír a unha educación integral de nenos, nenas e novas, entre 6 e 21 anos, axudando a construír un mundo mellor onde as persoas se auto-realicen como individuos e xoguen un papel construtivo na sociedade, apoiándonos nun proxecto educativo propio.