Case 700 empresas agroalimentarias solicitaron axudas aos fondos do Plan de recuperación


A Xunta recibiu 637 proxectos de pequenas e medianas empresas que queren optar aos fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, deseñado polo Goberno central. Así o reflexou o conselleiro do Medio Rural, José González, na súa comparecencia no Pleno da Cámara para dar conta da acollida “extraordinaria” que está tendo a convocatoria.

o conselleiro sinalou que a gran maioría das iniciativas presentadas están vinculadas -precisamente- a proxectos que demandan base territorial e lembrou que, debido á gran demanda existente no sector, a consellería decidiu ampliar o prazo de presentación de iniciativas ata este venres 14 de maio, co fin de facilitarlles aos interesados o envío de propostas e documentación. Así, dixo, recibíronse propostas de “cooperativas de gandería de vacún de carne e de leite, de viticultura, de horta e moita demanda de aldeas modelo”, entre outras. 

Para facilitar o procedemento de presentación de propostas, o Goberno galego habilitou recentemente un sinxelo formulario online, dispoñible na web da Consellería do Medio Rural pinchando no seguinte enlace. Trátase dunha presentación simplificada, que tan só require cubrir dita solicitude como apoio á documentación que se xunte para aspirar aos referidos fondos.

Así mesmo, as Manifestacións de interese de proxectos autonómicos tamén se poderán enviar ao enderezo de correo electrónico proxectos.medio-rural@xunta.gal, aportando un breve informe ou documentación adicional que proporcione información relevante sobre a iniciativa presentada.