Actividades de divulgación e educación ambiental en torno á Reserva dos Ancares Lucense


A Deputación de Lugo pon en marcha unha nova programación de actividades de divulgación e educación ambiental en torno á Reserva dos Ancares Lucense, Montes de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá, un territorio xestionado pola propia institución provincial. As actividades realizaranse cumprindo coa normativa sanitaria vixente e están pensadas para o público en xeral, para adultos ou para nenos de 4 a 12 anos.

As xornadas comezarán o sábado 22 de maio cun Curso de apicultura e loita conta a velutina en Cervantes e a ruta Navia en Primavera. Realizaranse durante as últimas semanas dos meses de maio e xuño en distintos puntos dos concellos que conforman a Reserva –Cervantes, Navia e Becerreá-. 
As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades poderán reservar a súa praza a través do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org. Para obter máis información poden chamar ao teléfono 982.227.813. As inscricións faranse por rigorosa orde de reserva e ata completar o aforo segundo permitan as autoridades sanitarias en cada momento.