A Xunta relaxa as medidas antiocovid


Segundo anunciou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo Os bares e cafeterías poderán abrir ata as 23.00 horas e os restaurantes ata as 01.00 horas. Ademais desde o domingo Galicia deixa de estar con peche perimetral, polo que calquera persoa de calquera lugar pode vir á comunidade autónoma. Esta apertura pode ter "unha afectación directa na evolución da pandemia". 

Prohíbense as reunións nos domicilios entre non convivintes entre as 01.00 e as 06.00. Esta medida, ao igual que a anterior, tamén debe ter o visto bo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

Ampliarase ata a medianoite o toque de queda o sábado,e ás 23.00 horas nos concellos coas máximas restricións, que son os mesmos que manteñen o peche perimetral.