A Feira do Viño do Ribeiro tivo unha moi boa acollida


A quincuaxésima octava Feira do Viño do Ribeiro celebrouse este fin de semana en Ribavaia nun formato reducido e transioción cara a normalidade. O presidente do Consello Regulador do Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara, calificou de "éxito" esta edición pola afluenza de visitantes durante toda esta fin de semana á localidade ribadaviense.

"Estou moi satisfeito, por unha banda, pola calidade das actividades que se programaron, sobre todo, as vencelladas á cata dos viños e, pola outra, polas iniciativas dos relatorios", precisou o presidente do Consello Regulador. "O Ribeiro ten un potencial tremendo e non soamente falo do viño, senon co que ten que ver coa súa historia e o seu patrimonio. Como territorio é o gran descoñecido de Galicia e ten que abrirse e mostrarse. Temos moito que ensinar", engadiu Casares

Destacou especialmente a boa acollida das catas a cegas da Madalena, que agotaron prácticamente todas as quendas. "Estimamos que pasaron por alí unhas 250 persoas. Falamos de aforos moi limitados, polo que este número adquire unha enorme relevancia", dixo.

"Tamén hai que destacar os relatorios de historia e variedades, e as catas técnicas con sumilleres que amosaron a súa elevada cualificación técnica. A resposta foi a mesma que nas catas a cegas: cheo total", engadiu o presidente no acto de clausura.