A Apehl celebrou a última cata …E para comer, Lugo no Camiño en Lourenzá


A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrou a última das tres catas …E para comer, Lugo no Camiño en Lourenzá. Esta última sesión foi impartida dpor Juanjo Figueroa, titor do Curso Superior de Sumiller Profesional do Instituto Galego do Viño, nivel 3 da Wine & Spirit Education Trust (WSET) e representante de Galicia no Campionato de España de Sumilleres ata en cinco ocasións. As dúas anteriores celebráronse en Portomarín e Quiroga.

O Congreso Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño, que organiza a Apehl por segundo ano consecutivo, é unha xornada sobre a cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo que terá lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) o 29 de maio. Esta iniciativa forma parte do programa O Teu Xacobeo.

O prazo de inscricións para asistir ao II Congreso Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño aínda segue aberto. Aqueles que queiran participar nesta iniciativa, cuxas prazas son limitadas para cubrir coas limitacións de aforo, deben inscribirse a través do teléfono da Apehl 982 22 69 12 ou desde a web apehl.org.