A Deputación da Coruña investirá 2,1 millóns de euros na construción dunha nova senda ciclista que percorrerá a contorna do encoro de Cecebre, espazo natural de referencia na provincia, e conectará co concello de Carral. 32 novos quilómetros de ruta que discorrerá polos municipios de Abegondo, Betanzos, Bergondo, Cambre e Carral, constituíndo unha alternativa perfecta pasear en bicicleta ou a pé.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o deputado de Emprego e Transición Ecolóxica, José Ramón Rioboo, as alcaldesas de Betanzos e Bergondo, María Barral e Alejandra Pérez, e os alcaldes de Abegondo e Carral, José Antonio Santiso e Javier Gestal, asinaron os convenios de encomenda de xestión das obras, que asume directamente a Deputación da Coruña.
A iniciativa suporá un importante investimento de 2.150.688 euros, cofinanciados nun 80% con fondos europeos FEDER a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE).