Pontevedra volve a coller o pulso cultural da cidade

Trala exitosa experiencia de 2020, na que o ciclo Voices saíu á rúa debido ás restricións pola Covid-19, confirmouse o interese do público neste tipo de programación cultural. Espazos máis seguros, cun estrito cumprimento da normativa sanitaria e un menor risco de contaxio, incentivan a participación do público neste tipo de eventos. 

Voices Verán é un proxecto ideado para apoiar a reactivación cultural da cidade de Pontevedra, estendendo un ciclo xa consolidado como Voices, a espazos exteriores. Neste sentido, Carme Fouces, concelleira de Cultura de Pontevedra, sinalou: “A alegria e ledicia de que pouco a pouco o camiño sobre o que se estaba facendo en Pontevedra en 2020, presentando proxectos con conducidos por maquinistas moi activas e activos. Comunicando así o reinicio de proxectos que coa pandemia qedaron atrás. Volvendo a presentar un evento que se tivo que adiar desde o ciclo de Voices de 2020”.

“Pouco a pouco volvemos coller o pulso cultural da cidade tomando como exemplo o espectáculo de Guadi Galego e Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre: formato de exterior para aumentar a seguridade e que poidan asistir un maior número de persoas”, recordaba a Concelleira. 

Carlos Montilla, director de I-Radia Crea, promotora do ciclo un evento, celebrou: "É motivo de alegría presentar un evento, antes rutinario, agora excepcional. Agradecer tamén o esforzo o Concello de Pontevedra, esta cidade foi pioneira en levar os eventos ao exterior nunha noite que por entón resultou máxica e para todo o público, e agora será a primeira en recuperar un panorama musical cultural e a apertura e unha proxección internacional”.

En 2021, esta experiencia crece e amplíase tanto en programación, duración ou valores transversais ao proxecto. Voices Verán nace como un evento musical e inclusivo, no que todas as persoas teñan acceso á cultura de calidade. 

Voices Verán trae consigo unha programación musical e gastronómica de calidade adaptada ás circunstancias actuais. Un evento cun estrito cumprimento das medidas sanitarias que terá lugar o 10 de xullo de 2021 na Explanada do Pazo de Cultura de Pontevedra. Entradas á venda a través de Ataquilla a partir do 16 de abril.