Regueira clausurou o congreso Ferrol. Destino Patrimonio Mundial


A Deputación da Coruña apoia a candidatura de Ferrola a ser declarada pola Unesco Patrimonio da Humanidade. O vicepresidente e responsable de Turismo da da institución provincial participou na clausura do congreso "Ferrol. Destino Patrimonio Mundial" cun discurso no que defendeu os valores da cidade para optar á declaración da Unesco. 

Defendeu na súa intervención a necesidade de apoiar a candidatura tamén como recurso para o desenvolvemento económico do concello. Na clausura tamén participaron o conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez e o alcalde de Ferrol, Ángel Mato. 

"Ferrol é un tesouro que mira o mar, que nace arredor del e que foi construíndo unha cidade única, como un crisol de etapas históricas que definen os seus barrios, as súas rúas, os seus edificios modernistas, a súa tradición naval e militar, os seus museos, as súas singulares praias,o Arsenal Militar, o Castelo de San Felipe, o barrio da Madalena, a orixe do Camiño Inglés... ", sinalou o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira.

Enumerou Regueira algúns dos recursos de Ferrol que son avais de primeira orde para conseguir a declaración da Unesco como son "a súa construción arredor do mar que foi deseñando unha cidade única, como un crisol de etapas históricas que definen os seus barrios, as súas rúas, os seus edificios modernistas, a súa tradición naval e militar, os seus museos, as súas singulares praias..o Arsenal Militar, o Castelo de San Felipe, o barrio da Madalena, a orixe do Camiño Inglés...".