Queixerías Prado pasa a mans de Oviganic Ibérica e Leite Noso


Queixerías Prado (Monforte de Lemos, Lugo) vén de ser adquirida porOviganic Ibérica e a participación de Leite Noso. O obxectivo dos novos propietarios pasa por aumentar a produción e oferta da queixería, cunha aposta pola innovación que consolida as perspectivas de futuro da empresa monfortina.

O acordo de compra inclúe a continuidade dos 25 postos de traballo da factoría, así como o mantemento dos acordos con tódalas granxas proveedoras. De feito, Queixerías Prado, a petición das dúas empresas compradoras, procedeu recentemente a renovar no campo a totalidade dos acordos coas ganderías.

Oviganic Ibérica, propiedade da multinacional china Yeeper desde 2019, xa estaba asentada tamén en Monforte, mentras que Leite Noso épropiedade de gandeiros galegos que comercializa directamente e sen intermidarios as marcas Deleite e Muuu.