Martín Códax lanza “Os Plans de Códax”. Dende este venres 16 de abril, cada semana ofrecerá un podcast con información sobre os principais eventos musicais e escénicos que terán lugar en Galicia durante esa fin de semana, así coma a promoción dunha novidade discográfica galega.
O obxectivo desta iniciativa non é outro que difundir e promover
tanto as actividades musicais como no ámbito das artes escénicas que van a
acontecer, así coma promocionar os novosproxectos dos artistas galegos.
Carlos Crespo, periodista musical con máis de 25 anos de traxectoria no ámbito cultural, realizará esta viaxesemanal na que continuará coa filosofía das súas tan recoñedidasaxendasculturais.
O formato
empregado será un podcast semanal de entre 5 e 10 minutos que se difundirá cada
venres a través das redes sociais de
Bodegas Martín Códax e que estará aloxado nas principais plataformas podcast:
Spreaker, Ivoox e Spotity. Destexeitopoderá ser disfrutado cando se
desexe.