O seleccionador español de baloncesto feminino, embaixador dos viños de Valdeorras


O seleccionador español de baloncesto feminino, Lucas Mondelo, foi nomeando embaixador dos viños de Valdeorras e visitou a sede do Consello Regulador para coñecer máis profundamente os brancos e tintos do territorio amparado. 

Con raíces na comarca, aínda que nado en Barcelona, Mondelo asegurou que “os brancos, e tamén os tintos, de Valdeorras posúen cada vez máis calidade”.

Pola súa banda, o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, trasladou os seus parabéns a Mondelo polos seus “magníficos logros deportivos”. “Sabendo que sempre presumes de valdeorrés, para nós é un orgullo nomearte embaixador dos nosos viños”, anunció García Pando. 

Perante os medios de comunicación, Mondelo recolleu a encarga e asegurou que “será unha honra exercer de embaixador dos viños de Valdeorras polo mundo”. Engadiu que cada ano descobre “novas adegas na zona que o sorprenden cada vez máis” e enfatizou non só “na calidade do godello”, senón tamén “na doutras variedades autóctonas da nosa comarca”