Inés Rey: Debemos defender o feminismo en todos os momentos da nosa vida

O Paraninfo da Universidade da Coruña acolleu o I Foro Pensando en Educación, coa participación da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, á filósofa Amelia Valcárcel, encargada de ofrecer a conferencia "A civilización feminista", a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte da UDC, Cristina López Villar, e o concelleiro de Educación, Jesús Celemín.destacou.

Inés Rey subliñou na súa intervención que "debemos defender o feminismo en todos os momentos da nosa vida porque só así se poden combater as desigualdades". A rexedora lembrou que o sexo segue sendo un condicionante á hora de elixir estudos universitarios, "nas titulacións de enxeñería, arquitectura ou nas vencelladas á industria a presenza feminina non supera o 28%, pero podemos contar cos dedos os homes que poboan as clases de maxisterio ou enfermaría", apuntou.

Rey destacou que Amelia Valcárcel nos recordou hoxe que "esta civilización feminista só pode avanzar e consolidarse se o contexto é favorable, se o mundo xira nunha mesma dirección" xa que hai décadas, defendeu, "ninguén se propoñía practicar o feminismo porque a muller pasou séculos sen poder facer nada".