Comezan os traballos de xeoradar cara a musealización do xacemento da Lanzada

Persoal dunha empresa especializada iniciou no xacemento da Lanzada os traballos de xeoradar cuxos resultados se incorporarán ao proxecto de musealización impulsada polo Ministerio de Fomento e a Deputación de Pontevedra. O obxectivo desta actuación técnica é definir na súa totalidade a planimetría axustada dos restos no visibles que puidesen existir no subsolo, a fin de evitar posibles afeccións e protexer o conxunto cara ao desenvolvemento da próxima musealización.

Os traballos, que contaron cunha fase preparatoria que se desenvolveu en coordinación co Concello de Sanxenxo para a delimitación da área e a limpeza da zona, consiste nunha prospección xeofísica de investigación para obter a maior precisión e calidade na descrición, delimitación e caracterización dos elementos arqueolóxicos do xacemento. 

Trátase dunha área de traballo que engloba unha superficie de 16.000 metros cadrados na parte máis próxima á terra e ao redor da zona principal onde se fixeron antigas escavacións. Tamén, cunha prospección magnética, se poderán contextualizar aspectos concretos do xacemento, localizar e delimitar elementos como estruturas de combustión, niveis de destrución o estruturas defensiva. O xeoradar, en definitiva, non só permitirá analizar e facer un abano das estruturas existentes como a necrópolis, salazón o poboado, senón que axudará tamén a delimitar elementos que puideran non estar localizados.

Unha vez rematado o traballo, os resultados da actuación, que se prolongará ata o xoves e que conta coa autorización de Patrimonio da Xunta e da Comunidade de Noalla, se incorporarán con carácter divulgativo ao programa de musealización. O proxecto xa está redactado e atópase na fase de corrección para ser remitido á Dirección de Patrimonio.

A técnica do xeoradar se ven utilizando con excelentes resultados noutras zonas da provincia como no caso de ata seis castros da zona do Deza, entre eles o de Toiriz en Silleda. Tamén está previsto desenvolver actuacións similares nos xacementos de Montaz en Silleda, e no Castriño de Bendoiro, en Lalín, castros enmarcados no convenio da Deputación de Pontevedra e o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).