Acto de entrega de certificados da marca pescaenverde

AA Lonxa de Ribeira foi o escenario da entrega dos certificados da marca de garantía pescaenverde ás lonxas certificadas pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?, no marco da alianza entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería do Mar. Recibiron o recoñecemento as confrarías de pescadores de Cabo de Cruz, Cedeira, Ferrol, Pobra do Caramiñal, Vilaxoan e a Lonxa de Ribeira S.L. 

Con estas seis entidades, son 39 as lonxas e centros de primeira venta que usan as marcas pescadeRías e pescaenverde nas súas etiquetas. marca pescaenverde, creada polo Grupo de Investigación de Biotecnoloxía Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela, aporta información ao consumidor sobre o impacto que os produtos pesqueiros teñen sobre o medioambiente, a través de dous indicadores: a pegada de carbono e a taxa de retorno enerxética-TRE

A marca implica a identificación e cuantificación tanto das emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) que se xeran como a da enerxía que se consume nas actividades extractivas das embarcacións pesqueiras, operación portuarias e distribución.

Constitúese como unha ferramenta para promover produtos pesqueiros, en particular, peixe fresco, para indicar a pegada de carbono e a taxa de retorno enerxética adaptada as características específicas do sector pesqueiro. 

Deste xeito pretendese incrementar a competitividade dos produtos e o seu rendemento para o produtor e as empresas, así como a identificación por parte do consumidor daqueles produtos con mellores valores en diferentes indicadores ambientais, contribuíndo ao incremento do valor daqueles produtos que incorporen a marca de garantía.

O acto foi presidido pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, o reitor da Universidade