A Xunta colabora na mellora do Camiño Francés en Ribadiso (Arzúa)


A Xunta de Galicia colaborará co Concello de Arzúa para levar a cabo actuacións de acondicionamento no núcleo de Ribadiso polo que discorre o Camiño Francés e que ademais conta cun albergue de peregrinos. O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou co alcalde, José Luis García, o pertinente convenio de colaboración.

A Xunta investirá máis de 272.200 euros na pavimentación de 508 metros cadrados de calzada e na zona de colectores. Ademais, dotarase dos servizos de recollida de augas pluviais, saneamento, abastecemento de auga potable e alumeado público, así como a instalación de mobiliario urbano como bancos de pedra e cunchas de bronce.

O acordo contribuirá a ofrecer a mellor imaxe do Camiño de Santiago e da súa contorna e neste caso, coa posta en valor do núcleo de Ribadiso co fin de incrementar a atención aos peregrinos.