XXXIII Feira Apícola das Rías Baixas contará cunha cata virtual da IXP Mel de Galicia

Á XXXIII Feira Apícola das Rías Baixas e as súas xa tradicionais Xornadas Internacionais. Organizadas pola Agrupación Apícola de Galicia, en colaboración coa Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra e o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, que se ven celebrándo puntualmente cada mes de marzo no concello pontevedrés de O Porriño, ata o momento no que as circunstancias derivadas da pandemia irromperon no territorio galego.

Precisamente por iso, co fin de manter de forma rigorosa as medidas de seguridade sanitaria pertinentes e de continuar facendo posible este importante encontro cos mellores profesionais do sector, a presente edición da Feira Apícola das Rías Baixas abraza o formato online, converténdose nas primeiras xornadas versadas sobre apicultura que se realicen en formato dixital en Galicia.

Queda aberto o prazo de inscrición nesta xornada organizada pola Agrupación Apícola de Galicia, en colaboración coa Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra e a IXP Mel de Galicia A trixésimo terceira edición da recoñecida Feira Apícola celebrarase o vindeiro 20 de marzo, cun nutrido programa de actividades que se artellarán entre as 10.30 h e as 20.00 h 

No programa inclúese unha cata virtual comentada da IXP Mel de Galicia. Cada participante recibirá as mostras para poder realizala comodamente a distancia.

A trixésimo terceira edición da Feira Apícola celebrarase o vindeiro sábado, día 20 de marzo, cun nutrido programa de actividades que se artellarán entre as 10.30 h e as 20.00 h. Entre elas, inclúese unha cata comentada en streaming dos distintos tipos de mel da IXP Mel de Galicia. Beatriz Ríos Cebreiros, técnica e formadora do Panel de Cata de Mel de Galicia será a encargada de guiar este experiencia virtual.

O prazo de inscrición na Feira Apícola está aberto e accesible a través da páxina web da Agrupación Apícola de Galicia. A asistencia é totalmente gratuíta.

Todas as persoas que estean ademais interesadas en participar na cata comentada da IXP Mel de Galicia, deberán inscribirse nun formulario aparte, tamén dispoñible na web. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro día 15 de marzo, e o número de prazas está limitado a un máximo de 50 participantes. 

Cabe subliñar que existen dúas modalidades de participación: coma oínte -gratuíta- ou coma catador, cun coste de 5 euros e envío das mostras dos distintos tipos de mel da IXP Mel de Galicia a domicilio. So envío a Península.