Webinar sobre o Código QR e Datos de Aforo nos Establecementos Turísticos de Galicia

Webinar sobre o Código QR e Datos de Aforo nos Establecementos Turísticos de Galicia, que organiza a Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo. Dito webinar realizarase o vindeiro mércores día 3 de marzo, ás 11:00 horas, a través da plataforma para videoconferencias da Xunta de Galicia.

O obxectivo é explicar como, a través da ferramenta Turespazo, os establecementos poden descargar o cartel cos datos de aforo e o código QR obrigatorio a partir do 5 de marzo de 2021 e o uso da plataforma Turespazo. As preguntas dos asistentes, durante o seminario web, serán atendidas a través do Chat do webinar.

Neste encontro contaremos coa presenza de:

- Mª Nava Castro Domínguez, Directora de Turismo de Galicia.

- Jorge Barreiro Rodas, Responsable da Área de Innovación Turística.

- Cesáreo González Pardal, Presidente do Clúster Turismo de Galicia acompañado da asistencia técnica do Cluster.

Para poder asistir, deberá rexistrarse pulsando na ligazón "Registrarse" debaixo do logotipo da Xunta de Galicia, no botón situado ao final do seguinte enlace. Unha vez rexistrado, chegaralle un correo electrónico automático confirmando a inscrición, facilitándoselle a ligazón de acceso ao webinar. Se non recibe o correo comprobe que non estea na súa carpeta de correo non desexado, máis coñecido como "spam".

Este webinar permitirá a conexión a partir das 10:55 horas. Se ten dificultades para conectarse ao evento poderá pedir asistencia no correo: cau-videoconferencias@xunta.gal