Webinar `De la promoción online a la creación de contenidos y experiencias digitales innovadora´


Organizado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e pola Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), o 18 de marzo, de 10h a 11.30h (hora peninsular), terá lugar o webinar “De la promoción online a la creación de contenidos y experiencias digitales innovadora”. 

Será impartido por Gustavo Entrala, profesional cunha traxectoria de referencia en contornas dixitais e creatividade, especializado en xerar novas ideas, en descubrir tendencias e tecnoloxías emerxentes e en impulsar a cultura da innovación en equipos corporativos. 

O principal obxectivo deste seminario é ensinar a pensar de forma creativa á hora de planificar e elaborar contidos e de organizar accións e experiencias no mundo online, para que poidan resultar diferenciadoras. 

O que se pretende é que as denominacións de orixe e as súas adegas inscritas, que serían os principais destinatarios do seminario web, coñezan claves que lles inspiren a empregar o mundo dixital dunha maneira innovadora, impulsando a creatividade para deseñar e materializar experiencias e contidos online que deixen sinal no consumidor.