Se pospón o campionato de ondas grandes a vindeira temporada 2021-2022


O Concello da Coruña comunica que, debido á situación sanitaria actual e a finalización da temporada invernal, se pospón o campionato de ondas grandes de remada ata a vindeira temporada 2021-2022.

Malia non poder celebrar este inverno o evento, estamos satisfeitos polas sesións de adestramento realizadas na Coruña por algún dos mellores surfistas do mundo, que nos últimos meses viñeron a coñecer as ondas do Portiño baixo a supervisión de Eric Rebiere e o acompañamento do coruñés Juan Fernández, actual campión de España de ondas grandes.

Ditas sesións de adestramento deixaron imaxes espectaculares e atraeron as miradas de moitos coruñeses, ademais dun gran número de afeccionados a este deporte. Ata o de agora, A Coruña non contaba cun gran campionato de surf no calendario da federación española.

Emprazan a todos os afeccionados e seguidores deste deporte ao vindeiro outono para que, se a situación epidemiolóxica o permite, poidan gozar por fin dun campionato de ondas grandes na cidade herculina.