Proceso de adhesión ao Bono turístico 2021 #QuedamosenGalicia2


O Bono Turístico 2021 #QuedamosenGalicia2 articulase como unha tarxeta Visa moedeiro, que se entrega aos beneficiarios do programa, cunha dotación de 250, 375 ou 500 euros (a Xunta de Galicia aporta el 60% y el beneficiario el 40% de este importe). Este importe poderán utilizalo en calquera dos establecementos adheridos ao programa e que dispoñan de TPV.

Poderán participar as empresas do sector turístico de Galicia, dadas de alta no REAT, que formen parte de Aloxamentos (exceptuando vivendas de uso turístico) e Axencias de viaxe

Proceso de adhesión

Existe un procedemento diferenciado ao do ano 2020, polo que as empresas que desexen participar deben necesariamente darse de alta, aínda que tivesen participado na edición do ano pasado. O proceso ten dúas etapas:

1. A primeira debe realizarse na sede electrónica de Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) a través do procedemento TU985C (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU985C) denominado “Adhesión  das empresas turisticas ao programa Bono Turístico #QuedamosenGalicia2”

2. Por outra banda, unha vez recibida a confirmación de aceptación da adhesión por parte da Sede Electrónica debese acceder a Turespazo (https://turespazo.turismo.gal) e incorporar os produtos ou ofertas específicas para a promoción.

Esta información constituirá o escaparate do programa e onde os beneficiarios do mesmo poderán coñecer os establecementos adheridos e as características da oferta turística.

As ofertas específicas do bono deberán cumplimentarse no apartado do Bono Turístico 2 dentro da plataforma de Turespazo, onde os aloxamentos deberán escoller o apartado de "Ofertas Bono Turístico 2" e as axencias de viaxes o apartado "Paquetes Bono Turístico 2" para a subida das ofertas.

Obrigas dos participantes

1. Medidas de prevención de riscos sanitarios e laborais establecidas pola Autoridade Sanitaria, Laboral ou Turística para a prevención de contaxios derivados da COVID19.

2. Dispor dunha terminal punto de venta (TPV) para a realización da transacción de compra do servizo ou actividade turística a través da tarxeta moedeiro “Bono Turístico #QuedamosenGalicia2”. O TPV pode ser subministrado por calquera entidade financiera.

Non é necesario establecer ningún desconto.

Este programa está regulado na resolución do 18 de marzo de 2021 pola que se determinan as condicións de adhesión das empresas turísticas ao programa Bono turístico #QuedamosenGalicia2 e se abre o prazo para a presentación das solicitudes de participación (código de procedemento TU985C)