Pilar Castro, gandeira ecolóxica: hai que ter en conta a educación e a autoestima

Ao fío do 8M, pedímoslle a Pilar Castro, pioneira na gandería ecolóxica dende o 2008, que se presente en primeira persoa, para coñecer a súa  traxectoria, e como pensa esta muller referente no noso sector que dende a Granxa Curiscada, en Arzúa, con total paixón, busca transmitir de xeración en xeración o traballo ben feito, orgullosa  de ser labrega e orgullosa de ser galega.

Fixen maxisterio, caseime e marchamos de Arzúa á Coruña polo traballo do meu home, onde naceron os meus fillos. Fixen maxisterio porque unha muller non podía facer unha carreira larga. Quería facer psicoloxía. Ha miña vocación veu despois. Meu pai morreu, había traballadores na granxa e había que decidir entre pechar ou seguir. Meu irmán, que era o ía quedar na explotación suicidouse ao pouco de morrer o noso pai.

Miña nai era moito máis machista que o meu pai, el quería ensinarme a andar co tractor, e creo que sentiríase moi satisfeito de que sendo muller poida estar exactamente igual que un home ao cargo dunha granxa. Ademais, fumos pioneiros ao comenzar a producir en ecolóxico no 2008,

Concelleira de Cultura, Muller e Medioambiente, e vicepresidenta da DOP Queixo Tetilla

Como muller non podía ser concelleira de obras, por exemplo, pero si o fun de Cultura, Muller e Medio Ambiente . E foi aí cando me percatei realmente do machismo que había, das trabas que se puñan. Sempre viven bastante libre, fora da casa, e teño carácter . Pensaba que a violencia de xéreno estaba ligado a un nivel cultural ou económico baixo e dinme conta de que non, de que hai moitas mulleres maltratadas cun traballo, pudendo ser mulleres independentes.

Lembro que a Xunta lanzou unha axuda económica se daba de alta unha muller na explotación, para incentivar a que cotizasen, e chamaban os homes para preguntar e cando lles dicían que a explotación tiña que estar ao no nome da muller, a resposta era: Hai, entón non ¡ O traballo de muxir facíano elas, pero as explotacións estaban a nome dos homes.

Creo que nos anos 79/80 había máis liberdade que antes. Recordo nunha manifestación en Arzúa á que fun cun tractor. Creo que se mobilizaban máis antes que agora. Cando a xeneración que esta agora a punto de xubilarse, morna se pare, ¿qué vai cambiar?. Foi para peor.

En 2006 puxen en marcha a Asociación de mulleres rurais de Arzúa, porque había o típico das amas de casa con cursillos de cocina, con horarios os a muller da aldea non podía ir por estar muxindo. Aí caeume a alma aos pes, recordo a primeira vez que propuxemos una cea e preguntamos a onde querían ir e unha muller de 60 anos dixo a min dame igual, nunca fun a un restaurante. E non por que no tiveran medios. Moitas delas agradecían iso por que para elas ir a unha comida sen o home era un problema,… estaban encantas de poder ir a comer, sendo todo mulleres.

A nivel persoal teño u grupo de amigos, somos torno os 50, case pariedade, Certo é que se organiza unha viaxe, si se nota a o peso e responsabilidade das mulleres, por moi liberal independente e feminista que sexan, quedan atendendo a casa. Igual non lle damos suficiente credibilidade para que queden eles, iso tamén hai que cambialo.

As campañas de iguadade axudan, pero creo que debiámolo levar máis ao ámbito educaciónal

Coñezo as campañas que desenvolve a Xunta, que tamén difundimos cando era concelleira, todo axuda, pero creo que debiámolo levar máis ao ámbito educaciónal. Cando facíamos eventos ao final sempre participan as mesmas persoas, mulleres xa concienciadas. Saímos as rúas, pero faltan rapazas de 18 anos , de 20. Todos os actos axudan e teñen repercusión pero temo que inverter máis recursos a nivel educacional, paréceme que aí está o kit.

Estiven no Consello Regulador da DOP de Quiexo Tetilla, e mulleres eramos a secretaria (Marisé) e eu, todo o resto eran mulleres. O mal actual da gandería e que na maioría das explotacións e para que o fillo se quede na casa os país compran un coche, megatractor 300 cabalos, e ao final o gran fallo é que hai demasiada maquinaria, demasiados tractoristas e poucos gandeiros. E son as mulleres as que se encargan de muxir e todo o traballo. E despois, cando hai reunións, ¿quen vai? O home. O bo e que despois o home na reunión di: pois a miña muller fai así ou fai asá.

Hai que ter en conta a educación e a autoestima, a muller tamén adoita a dicir “vai ti, que pinto eu alí! Creo que é moi importante que a muller participe máis a nivel social, romperlle esa pereza, que cando haxa esa reunión en vez de dicirlle vai ti, se é sobre muxido de vacas, que lle diga ¿Quén fai ese traballo? Fágoo eu, pois entón teño que ir eu.

Creo que os centros de información a muller no campo están xogando un papel moi importante, porque moitas mulleres que non teñen recursos, non os teñen porque o home non lle deixa, e así poden recorrer a unha avogada, psicóloga, por que non lles costa e ademais no está mal considerado. . Os gastos dos concellos van para obras cando debían meter mais recursos en promover os centros. Os programas as veces son moi bonitos pero si non os dotan de cartos quedan en nada.

A maternidade compartida no campo é máis fácil

Como vai a render igual unha muller que un home, se o peso dos fillos recae sobre ela e ten que estar pendente dos nenos, do colexio, da compra, …. mentres el so ten que facer o seu traballo. Moitas executivas non teñen fillos, si están casadas, e triunfan, pero sin fillos. E si teñen, acompáñalles un cargo de conciencia de non ter máis tempos para eles.

En relación a maternidade compartida, cono había un veterinario que a muller traballaba nunha Xestoría privada e el colleu a baixa de maternidade por que sendo funcionario non tiña problemas mentres que no xestoría ela non podía ter máis dun mes.

Meu home traballaba na banca, para os meus fillos pasar da corbata a ser gandeiros, o concepto de vivir na aldea era como de ir a peor socialmente, pero os meus fillos non o viron así, séntense orgullosos de vivir na aldea, transmítellemos ese amor polo campo, que era o que buscábamos. (eu cando fun a a estudiar a Santiago, dicía que viña do campo, non da aldea, que soaba a “aldeana”. Meus fillos non, xa non escoitaron “a ver se buscas un traballo fora da aldea”

Tiven que aprender a base de errores, e criar os fillos, que entendía que aldea era mellor, máis fácil para levalos e recollelos no colexio. A educación estaba nas miñas mans “era a mala”. Tamén é certo que meu home nunca me levou a contraria. Creamos varias asociación, nas que participaron os rapaces, co que estaban moi activos e nos con eles. O campo deunos facilidades

As cousas non cambian se non tomamos partido por elas

Hai moito que facer, tanto por facer......

Hai que incidir máis a nivel educacional. Que unha rapaza de instituto non se poña unha prenda porque o rapaz co que sae non lle gusta…. Vamos para atrás. 

Lembro un profesor en maxisterio que nos metía man e non lle podíamos contestar porque nos podía suspender. Os compañeiros axudábanos, rodeábanos ás mulleres para que non se puidese acercar e manosearnos. E a ningunha se nos ocorreu nese momento tratar de denuncialo. Agora ves na prensa que alguén denunciou a un profesor polo tema do escote, e escoitas xente que di : vaia tontería ¡.

Non, vaia tontería, non, enfádame moito que pensen que é unha tontería. Enfádome comigo mesma por que non denunciamos no seu momento, e a escusa de ·eran outros tempos, no me vale, as cousas non cambian se non tomamos partido por elas, Hai que contalas cousas que nos pasan as mulleres.