Nove establecementos das Mariñas reciben o distintivo de aloxamentos da Biosfera


Nove establecementos turísticos das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo recibiron o distintivo de aloxamentos da Biosfera. Trátase de Albarari-Burbullas Astronómicas, Cabanas de Canide e Hotel Noa Boutique de Oleiros, Hostal Pórticos e Hotel Garelos de Betanzos, Casa de Barreiro de Curtis, Casa de Sixto de Paderne, Hotel A Terraza de Miño e Rectoral de Cines de Oza-Cesuras, que superaron a formación e avaliación como Marca de Calidade da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, a Calidade Turística e a Adhesión das empresas ao Club Ecoturístico de España.

No acto, avanzáronse novas iniciativas de dinamización do sector por parte da Reserva da Biosfera como son a implantación de menús da biosfera, experiencias inesquecíbeis, unha nova campaña arredor dos sentidos, unha nova ferramenta de comercialización co obxectivo de acadar a finais deste ano experiencias 100% certificadas como ecoturismo.