Mostra sobre o patrimonio cultural e natural da Vía Rexia


A exposición Itinerario do Camiño Real do Norte. Do Castro de Viladonga a Lugo, é una mostra coa que a Xunta de Galicia divulga o patrimonio cultural e natural do tramo do Camiño de Santiago que une o Castro de Viladonga e Lugo, coñecido como Vía Rexia, no marco do Xacobeo 2021-2022 e coincidindo co 50 aniversario do inicio das escavacións no Castro. A inauguración da mesma correu a cargo do secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.

A nova exposición combina paneis informativos con materiais audiovisuais que fan un percorrido literario con poemas de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. A mostra inclúe, entre outros asuntos, a rede de camiños rurais de Galicia desde a Prehistoria ata a actualidade, o papel da Vía Rexia como unha variante do Camiño do Norte a Santiago, así como ao redor dos vestixios do castro de Viladonga. 

Ludrio, Duancos, Mondriz ou os Lagos de Teixeiro teñen tamén cabida na exposición, onde, ademais, se afonda nas orixes históricas da entrada a Lugo a través da ponte da Chanca. Itinerario do Camiño Real do Norte. Do Castro de Viladonga a Lugo pode visitarse ata novembro no Museo do Castro de Viladonga, localizado no concello de Castro Rei, de luns a domingo de 10,00 a 20,00 horas.

o secretario xeral de Cultura puxo de manifesto a importancia deste 2021, ano no que se conmemoran 50 anos de escavacións no Castro, para o que a Xunta está a ultimar unha programación que permitirá coñecer en profundidade os traballos e investigación realizada durante este tempo.