Mel de Bosque, apelido autorizado para Mel de Galicia


A Unión Europea ven de autorizar, e de publicar no seu Boletón Oficial, a nomenclatura de Mel do Bosque á IXP Mel de Galicia. A de Bosque é un tipo de mel no que, ademais de polen para a súa elaboración, as abellas empregan melatos, unha substancia moi rica en azucres que se forma cando as árbores eliminan o exceso de savia. Así pois, a partir de agora a mel de melato ou Mel de Bosque poderá ser comercializada como tal e amparada por la IXP Mel de Galicia. 

Segundo a presidenta da IXP, Ester Ordóñez, as meles de bosque varían en función da súa orixe: “non é o mesmo unha de Galicia, onde hai sobre todo carballos, que unha do sur de España, onde pode haber moita encina. Ademais inflúe tamén a floración que a acompaña”, precisa. 

Este tipo de mel dase moito nas provincias de Lugo e Ourense e os produtores llevaban tempo reclamando poder poñer nas etiquetas das meles amparadas pola IXP a acepción de Mel do Bosque. “Ata o de agora esa mel se vendía como milflores, pero agora xa pode poñer na etiqueta que é unha Mel de Bosque», salienta a presidenta.