Varios centos hostaleiros de distintos puntos de Galicia déronse cita este sábado en Santiago de Compostela nunha manifestación para para pedirlles ás administracións públicas "un plan de rescate real". A marcha partiu pasadas as 19,00 horas da Alameda compostelá, onde se congregaron os participantes, que portaban pancartas nas que se podían ler mensaxes como 'Plan de rescate xa' e 'Hostalaría somos todos'.
No día no que se cumpriu un ano desde que a Xunta de Galicia declarase a situación de emerxencia sanitaria, os manifestantes gritaron proclamas contra o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, como "Alberto, queremos o bar aberto".
Deste xeito, centos de hostaleiros percorreron as rúas do Ensanche compostelán con culleres e potas que golpearon para facerse escoitar, tras o que se dirixiron ao Centro histórico nunha marcha que culminou na Praza do Obradoiro. A protesta foi convocada pola Plataforma Na Defensa Da Hosteleria Galega, baixo o lema: "Un año pechados e criminalizados"