Guía de ordenación produtiva en aldeas modelo


O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar e o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se someten a información pública os borradores de guías de ordenación produtiva de oito aldeas modelo situadas nas provincias de Lugo e de Ourense. En concreto, das aldeas de Moreda (Folgoso do Courel), Xacebáns (Quintela de Leirado), Infesta (Monterrei), Muimenta (Carballeda de Avia), Penedo (Boborás), Trelle (Toén), Reboredo (O Pereiro de Aguiar) e Meixide (A Veiga). 

Cómpre apuntar que estas guías de ordenación se configuran como un documento técnico no que se delimitan os usos produtivos máis idóneos para a explotación das parcelas incluídas nestas aldeas modelo, dende os puntos de vista económico, técnico, social e ambiental. Nesa liña, contémplanse unha serie de usos preferentes e outros secundarios. Así mesmo, indícanse os prazos e prezos establecidos para os grupos de cultivos e aproveitamentos, así como a descrición das actuacións a levar a cabo para a súa posta en produción.