Francia é o país que máis viño español compra e Suiza o que mellor paga


Francia, Portugal e Alemaña, son grandes consumidores de viño español en volume, pero sobre todo de viños a granel a menor prezo, mentres que Reino Unido, Estados Unidos, Canadá, Suíza ou Holanda importan maioritariamente viños españois con Denominación de Orixe e rexistran os prezos de venda máis elevados. Francia é o país que máis compra e Suíza o que mellor o paga.

Así se desprende dunha infografía que relexa os 10 principais mercados para o viño español en 2020, elaborada grazas ao acordo de colaboración entre a Organización Interprofesional del Vino de España (OIVE) e o Observatorio Español del Mercado del Vino (OEMV) que publica Campo Galego e que recolle de maneira visual os fluxos comerciais máis notables entre España e os principais destinos da súa exportación vitivinícola en valor no ano 2020, en comparación con 2019.