Alcaldes miñotos galegos e portugueses reclaman indemnizacións polo peche da fronteira


Un recente estudo de impacto da Universidade de Vigo revela que a hostalería galego-portuguesa da raia miñota está perdendo un 19% de facturación polo peche da fronteira, perdas que se suman ás derivadas directamente da situación sanitaria.

Ademais, segundo o vicedirector da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño, Uxío Benítez, o feito de que só estea aberto o paso entre Tui e Valença obriga aos traballodres dunha e outra banda, que a diario cruzan a frontera, a percorrer grandes distancias, o que conleva un gasto a maiores de 200-300 euros ao mes en combustible. 

Así as cousas, vinteseis alcalde e acaldesas e presidentes das cámaras municipais da raia miñota volveron a reclaman a apertura inmediata dos pasos fronteirizos na súa totalidade. A última acción reivindicativa foi o despregamento dunha gran parcarta na metada da ponte da Amizade, que une Tomiño e Vila Nova de Cerveira, na que se podía ler “open the border”. 

Dende a AECT Río Miño anuncian a posta en marcha dun rexistro único de persoas afectadas polo peche fronteirizo diante de posibles indemnizacións; ao tempo que promove nos 26 municipios unha moción conxunta para esixir a apertura inmediata dos pasos fronteirizos e compensacións económicas xeradas pola decisión dos gobernos sspañol e portugués.