A Tomba, novo pàrque forestal de Pontevedra


Pontevedra conta cun novo parque forestal, que xa está á disposición da veciñanza. Trátase da Tomba, en Campañó. Ten unha superficie de 82 hectáreas nas que se habilitaron dous miradoiros, e plantáronse ao redor de 20.000 novas árbores. Actualmente estase traballando no estudo, recuperación e sinalización dun petróglifo situado na área do parque forestal 


O AlcaldeMiguel Anxo Fernández Lores visitou o remate das obras e aproveitou para agradecer, unha vez máis, a disposición da Comunidade de Montes de Campañó pola cesión das 82 hectáreas de monte que conforman este parque forestal. Fernández Lores lembrou que este proxecto entra na filosofía de “poñer en valor os montes periurbanos e permitir que os cidadáns de Pontevedra poidan usalo, coñecelo e desfrutalo durante todo o 

Os dous miradores, un deles con acceso rodado e outro só con acceso peonil, ofrecen vistas sobre a cidade e a contorna e contan con paneis que identifican os principias puntos de interese que se ven desde cada localización. Este espazo, xunto coa a Fracha e o Pontillón do Castro “ofrecen ao redor de Pontevedra uns espazos naturais que podemos desfrutar deles e esperemos que isto sirva para mellorar a calidade da vida” 

En canto Oa petróglifo de ‘Monte da Tomba 3’ está localizado dentro do espazo do parque forestal pero no límite do linde co Concello de Poio e foi recentemente inventariado pola Xunta, concretamente en decembro de 2018. O alcalde indicou que este petróglifo supón “un valor engadido ao parque forestal da Tomba porque a parte de pasear e ver as vistas podemos coñecer tamén o noso patrimonio etnográfico”.