A revista HGg&T celebra esta tarde unha cata de máis de 40 queixos galegos


Cinco anos despois da última prospectiva sobe o estado organoléptico dos queixos galegos de habitual consumo, a revista HGg&T (Hostalería, Gastronomía galega & Turismo) celebra esta tarde unha cata de queixos galegos. no restaurante A Parrila de Pontevedra.

Un panel composto por unha decena de expertos, entre eles docentes e investigadores, avaliarán en rigurosa cata cega máis de 40 queixos, boa parte deles amparados polas catro DOP galegas, e unha interesante representación de elaboracións singulares que foron aparecendo nos últimos anos para enriquece o mercado. 

Esta cata, cuxos resultados e desenvovemento publicaremos na edición de abril da revist, ten por obxectivo por ao día ao sector consumidor, tanto a hostalería na súa esperada reactivación como entre o eido dos consumidores selectivos, entre os que a nosa revista reforzou diametralmente súa influencia ao penetrar tamén de xeito destacado no gran mercado español e incluso internacional, despois do convenio establecido con Mundiario.com: 1.200.000 seguidores certificados por Google. 

Xunto con noso portal www.hggtonline.com, estas plataformas achegan os contidos de HGg&T a un segmento de dimensións decisivas para o negocio.