A hostalería perdeu nun ano de pandemia máis de 70.000 millóns de euros


Desde o inicio da pandemia en marzo de 2020, a hostalería en España sufriu o peche de 100.000 establecementos, e unha perda de máis de 70.000 millóns de euros, o que supón unha caída da facturación que supera o 50 % e nalgunhas zonas, onde o peso do turismo é maior, chega case ao 80 % de caída. 

Así o denunciou a patronal hostaleira que, xunto a unha representación de todas as asociacións territoriais, realizaron un acto simbólico esta mañá diante do Tribunal Supremo (Madrid) para facer balance tras un ano da declaración do primeiro Estado de Alarma pola pandemia da covid-19. N

No acto púxose de relieve os duros doce meses que atravesou o sector, atopándose ademais co “muro” das Administracións. Os hostaleiros sinalaron que a nivel laboral as cifras son moi preocupantes, pois xa se perderon 300.000 empregos e, xunto cos traballadores en ERTE, o total de postos de traballo afectados achégase aos 750.000.