Yeeper ampliará a planta de produción de Monforte


A empresa chinesa Yeeper ampliará a súa planta de Monforte con dúas novas liñas de fabricación de leite en po e aceite de manteiga para alimentación infantil. O Consello da Xunta declarou a iniciativa empresarial prioritaria co obxectivo de axilizar a súa execución.

Supón un investimento de 16 millóns de euros e a creación de 50 postos de traballo na factoría de produción de derivados lácteos ubicada no polígono do Reboredo, que está a vivir un impulso importante desde a súa venda no ano 2019 por parte da súa anterior propietaria, a cooperativa francesa Sodiaal.