O Clúster de Turismo pronunciarase mañan sobre o mantemento do peche da hostalería


O presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, ao respeito do mantemento do peche da hostalería por parte da Xunta de Galicia, e logo dunha entrevista que mantivo esta mesma tarde cos resposables autonómicos, declinaou facer declaración a preguntas de HGg&T, remitídose a un comunicado que, segundo precisou “faremos mañán”. 

A Xunta de Galicia decidiu alongar o peche da hostalería e manter así no grado máximo as restriccións na Comunidade autónma, agás nas áreas de servicio para dar asistencia aos transportistas de xeito individual, segundo anunciou o presidente Alberto Núñez Feijóo, seguindo as indicacións do comité clínico de expertos sanitarios que asesoran ao goberno galego. Polo contrario, e entre outros sectores, suavízanse as restriccións ao comercio dende este mércores. 

Matizou Feijóo que polo de agora non se dan as condicións necesarias para unha desescalada na hostalería –mantense ademais o peche perimetral por concellos- e o vindeiro lunes volverá a avaliarse a evolución da pandemia e adoptaranse as medidas que neses intres se estimen oportunas. “Eu quixera abrir moito máis, pero non podo”, resolveu.