Nova senda peonil no Camiño de Santiago ao seu paso por Pontevedra


Pontevedra conta cunha nova senda peonil na PO-225 ao seu paso polo núcleo de San Caetano, na parroquia de Alba. Trátase dunha senda de 710 metros de lonxitude, que inclúe unha pasarela metálica de 12 metros sobre o río Rons e o acondicionamento da praza no exterior da capela de San Caetano e cuxa execución superou os 700.000 euros. 

Unha obra que, segundo o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores -que a visitou xunto coa conselleira de Infraestruturas- era “absolutamente necesaria, imprescindible”, co obxecto de dar solución ao que denominou como "probablemente o punto negro máis importante que tiña o Camiño Portugués ao seu paso polo Concello de Pontevedra".