Memoria do Domingo de Piñata e do lacón (con grelos) asado antes de cocido


Por Guillermo Campos

O antroido despídese, na práctica cronolóxica, no domingo seguinte ao Martes de Entroido, isto é, no Domingo de Piñata, unha celebración tapada nas décadas recentes pola ristra de “despedidas” escenificadas xeralmente no fin de semana, inspiradas no tradicional "enterro da Sardiña", con evocación variopinta, rebuscadas por diferentes localidades na necesidade de ofrecer un rito diferente, que decote ven ser o mesmo pero con nome enxebre. Seguramente o máis peculiar no eido urbán sexa a procesión e queima do loro Ravachol en Pontevedra -polo menos, memoria dunha parodia certa cen anos atrás- sirva como exemplo da “evolución” sobrevinda a enterros de corte compartido. 

A permisibilidade entroideira do Domingo de Piñata ten máis profundos alicerces , obviables súas raíces na China de Marco Polo, que traería o xogo ao territorio que coñecemos hoxendía como Italia. Desde aquí a costumbre chegou a España, seus reinos precursores tiveron bandeira chantada de Milán a Nápoles. Pignata (piñata, pola prosodia ñ do nexo gn) ven ser en orixe, “ola fráxil”, que se colgaba ou colgaban para o xogo da “pita cega” nas sociedades medievais e modernistas. A teima por romper, vareando cun pau, e a ollos tapados a piñata (xeralmente chea de golosinas ou outros agasallos), ten encontradas significacións que van desde o combate dos pecados capitais (velaí as sete puntas que debe ter o farolillo ou esfera colorista de papel ou sucedáneo) ata componentes eróticos. Xogábase para algo, mesmo nos encontros pacegos, e non sempre “los palos de ciego” con éxito tiñan, como premio soamentes os componentes sólidos liberados da pignata rota... 

Na Galicia do XIX celebrábase o Domingo de Piñata, testemuñas escritas hai cando menos por medio dun baile evocador, seguramente só evocador, dos fastos venecianos. Na cidade de A Coruña de 1843, como noutras localidades españolas, nunhas máis enraizadas que noutras: ao frente das primeiras, Ciudad Real e a murciana Archena conservan a escenificación rueira, mentres que Cádiz signifícouse ademais polo rito gastronómico, mantido tamén en Galicia ata cumpridos os dous primeiros tercios do século XX. As fartas quitánlle dramatismo a aquel popular lamento: Adeus Martes de Entroido/ adeus meu amiguiño / ata domingo de Pascua/ non comerei máis touciño. 

No Domingo de Piñata permitíase ben mediado o pasado século, un xeito de transición entre as entón feroces e cicateiras restriccións da Igrexa Católica na Cuaresma, e a relativa liberación que representaba a Resurrección... salvo que pagaras bula: apoquinando ao obispado, a autoridade eclesiástica non consideraba pecado comer carne agás os venres, creo lembrar... 

Nesa prórroga á represión entre o Martes e o Domingo (a pesar do cerimonial aparentemente definitivo do Mércores de Cinza), o de Piñata gardábase en Galicia a modo de “broche de oro” contra a norma: cumplíase cun cocido que debería levar a última reserva da cacheira, como así se tiña por distintivo no Carballiño ou en Laza; era práctica de liberales cumplir entre os galegos que mataban porco, de leste a oeste, tamén ben comprometidamente nas miñas terras de Cotobade (Pontevedra) de cuxo entroido deixou cumprida noticia o noso mestre e veciño Antonio Fraguas. 

Mentres dure o tempo invernal e xa sen aquel castramento ideolóxico da autoridade eclesiástica, queda un tempo propicio para o rito da mesa invernal por excelencia. O comercio facilita agora as cousas para dispor de produtos, en épocas precedentes limitados á estricta estacionalidade. Oportunidade por tanto para rendirse as comenencias dun cocido legal -a ver se a pandemia inda nos deixa compartillalo en amizade, que é prato apropiado a tal culto- ou o máis moderno apócope que ven ser o lacón con grelos, aquél unha orquesta sinfónica, éste un concierto de cámara... 

Como a cociña de avangarda non nos está a aportar nin grandes nin pequenas novidades sobre este enxoval da nosa despensa, permítanme desempolvar unha tentación que xa recomendaba o Picadillo: recuperemos a receta que chama “lacón Lafuente” -don Manuel de la Fuente era un comerciante coruñés amigo que a oficiaba- ignorada nos restaurantes profesionais, cando menos nas últimas cinco ou seis décadas derradeiras, algunhas centenas cartas tiven nas máns... 

Recomenda que se divida o lacón en tres partes, despois de pasalo por varias augas “por espacio de veinticuatro horas (bueno, dubido que chegarían para o desalgalo) e a continuación -decisivo paso diferencial- doralos na grella sobre brasas e na prancha da cociña de ferro. Obtido o color dourado, os tres anacos do lacón deben pasar a unha cocción normal, ben cubertos de auga. A seguir, turno para grelos e chourizos, que son os alabardeiros que corresponden por lei tradicional en honras ao lacón con grelos doméstico e cotián.... Sirva, por se debeceramos variar...