Martes de Entroido `de orella'


Celébrase hoxe o Marte de Entroido, co Domingo, o outro cumio desta arraigadísima festa que ten en Galicia peculiaridades ben definidias. Vai ser unha celebración gris, máis virtual e evocadora agás as permisibilidades da mesa. O prato sólido e salado desta data en Galicia é sen negún xénero de dúbidas -con permiso da cacheira- o lacón con grelos, e pola banda doce as filloas, se ben as orellas de frade cobraron moita presenza sobre todo por medio da docería comercial. Un froito de tixola que ten nas “orejas de Hamán” seu alter ego e non descartable raíz na cultura xudía, unha tentación sobre todo para a vivencia das xuderías, con vestixios visitables a un e outro lado das nosas fronteiras.