HGgT 228: Cocidos y vinos para andar el Camino | Geodestínate en A Coruña


Un ano novo cargado das vellas cargas do que finou, animounos a introducir leves modificacións no traxeamento da revista, coa firme convicción de adaptar contidos para unha situación distinta da que coñecemos dende fai un cuarto de século. Sempre o fixemos así: unha liña editorial consoante co papel de eixe intersectorial que os propios subsectores que definen a cabeceira de HGg&T contribuíron a outorgarnos en hexemonía. Dende aquí observamos, tratamos de apostar e de servir a esta subsectorial diversa. Neste punto, noso editorial apoio ás reinvindicacións socio-económicas do sector hostaleiro víctima dos confinamentos.

Porque anunciábamos no número anterior, último do nefasto 2020, o fortalecedor acometemento
de “desarrollos editoriales conjuntos” con Mundiario.com (38) -que para empezar, proxecta cada revista a máis dun millón de lectores- melloramos xa nesta as páxinas reservadas para firmas autorizadas (3, 30 e 38), xunto á habitual glosa ou comentario crítico de quen isto escribe, ao tempo que o formato entrevista duplica protagonismo abríndose a autorizadas voces esóxenas (6) ademais das autóctonas (36-37).

E das que seguimos propiciando a través da Mesa de Redacción (10-12), esta vez inserta nun dos grandes corpos temáticos que articulan esta edición de HGg&T: un informe a fondo sobre seguramente o máis senlleiro prato da nosa cociña, o cocido (7 a 14 e 27 a 33), vinteunha páxinas nas que se trufan outros clásicos e exitosos aportes diferenciais da revista, isto é, as Catas Transfronteirizas, nesta ocasión por partida dobre e un solo color: sendas comparativas entre viños tintos seleccionados entre os que entran polos camiños Francés (29-30) e Portugués (31-32) para acompañar aos “cocidos máis xacobeos”, un cadernillo (13-14 e 27-28).

O outro eixe consistente deste número resulta ser unha novidade excepcional, deseñada para este tempo de restricción e abafamento turístico, pero conveniente e necesariamente necesitado de manter o faro aceso: Geodestínate, caderniño central de 12 páxinas, da 15 (I) a 26 (XII) a modo de guía práctica dos xeodestinos da provincia de A Coruña, redacción bilingüe en español e portugués, pois vén ser un documento orientativo para suxerir ou aconsellar as viaxes de proximidade posibles, ata as áreas de Lisboa ou o Levante español.

Navegando ou www.hggTonline.com manteñen súa condición de miscelánea dos acontecementos e novas que marcaron o protagonismo intersectorial entre edicións, ou se proxectan cara os inmediatos, tando no eido institucional, como das empresas e o profesional, productos e suministros.

A pandemia trastocounos entregas tradicionais neste mes de xaneiro, os grandes recursos turísticos do momento no país galego. Faremos votos por recuperar este compromiso e levalos na primaveira a Fitur, e demáis feiras promocionais importantes do ano. Os concellos e as comarcas de Galicia merecen estar aí, entre as grandes promocións, e HGg&T ten a chave impresa para darlles voz alí. Dispómonos, coma sempre, a engraxala!