De Braga a Muxía pola Vía Mariana luso-galaica



A vía ou ruta Mariana luso-galaica ,e unha nova ruta de peregrinación que pasa por Santiago pero non é Camiño de Santiago. Une varios santuarios marianos do norte de Portugal e de Galicia. Parte do santuario mariano bracarense do Sameiro -o segundo máis importante de Portugal tras o de Fátima - e chega ao de Nosa Señora dá Barca (Muxía), tras 372 quilómetros de percorrido, por impresionantes paraxes como parte do Parque Nacional da Peneda-Gerês portugués.

Ten fins de etapa en Goães, Soajo, A Peneda e Melgaço, en Portugal; e en Galicia en A Franqueira, Santiago de Covelo, Santa María de Estacas, Santa María de Augasantas, Santa Maria de Sacos, Os Milagres de Amil, Valga, Iria Flavia, Santiago de Compostela, Negreira, Baíñas e Muxía,

Os santuarios que se visitan son o do Sameiro, en Braga “coñecido no mundo enteiro, segundo os bracarenses); a catedral de Braga, Nosa Señora da Peneda (Arcos de Valdevez), A Nosa Señora da Franqueira (A Cañiza), Santa María de Aguasantas (Cotobade), Os Milagres de Amil (Moraña); Os Milagres de Requien (A Estrada); Nosa Señora dá Escravitude (Padrón), A Virxe do Portal (Santiago), e Virxe dá Barca (Muxía).



Este Camiño é natureza pura, vales máxicos, ríos, regatos e montañas, con grandes desniveis que en ocasións obrigan a subir cimas que paga a pena porque as vistas son marabillosas e os santuarios impresionantes. Os valores patrimoniais que atoparemos son inmensos, con numerosos elementos da infraestrutura viaria (pontes, calzadas), cruceiros, petos de ánimas, fontes, lavadoiros, ermidas) e de arquitectura popular tradicional, sen esquecer os valores inmateriais (tradicións, lendas, refráns, toponimia, etc).

E os gastronómicos: os fumeiros e enchidos do norte do país vecño, coa súa dozaría tradicional e os vinhos verdes (Vinhao de Arcos e Alvariño de Melgaço), os cocidos lusos e galegos, o xamón da Cañiza, as filloas, bincha e petotes de Cotobade, o carneiro ao espeto de Moraña, a tarta de Santiago, o congro seco -os secadoiros son estampa típica- de Muxía e outros froitos do mar nesta licalidade na que, no cabo Touriñán, está o finis solis da Europa continental.