Establecementos de restauración que gozan do selo Galicia Calidade seguen ofrecendo o mellor da cociña galega a través de dous novos servizos: o servizo de recollida “para levar” e o servizo de entrega a domicilio.
Estes son os establecementos que xa ofertan algúns destes servizos: Restaurante El Coto, Restaurante A Taberna, Restaurante O Barazal, Bodeguilla de Santa Marta, Restaurante Paprica, A Cantina Río Covés, Restaurante El Refugio, Restaurante España, Mesón A Cepa, Restaurante Bido.