Chegado o Entroido, acércase a primavera


Entroido ou Carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma, Carnval, de carne  levare, verba que procede do latín introitus, que significa  "entrada" ou "comezo" da primaveira.

Entroido é a festa máis trouleira do ano na que os costumes se relaxan e os roles se inverten. Trátase dunha celebración de longa tradición popular en Galicia, sobre todo na provincia de Ourense.

É unha celebración por todo o alto á que calquera se pode unir, recomendablemente disfrazado e con moitas ganas de divertirse. Sin difrace correremos o risco de sufrir uns lategazos; de que lle boten fariña ou formigas vivas; ou de ter que invitar a una rolda de vinos.

Nestas terras de Breogán, o Entroido vai ligado á gastronomía e á boa mesa. Suculentos pratos que ten como protagonista ao porco e de acompañantes as patacas, os grelos e as fabas e os garavanzos. De sobremesa, filloasorellasbica; e de remate, un bo licor café, que o galego é seica o mellor do mundo.

En Galicia hai nove entroidos que teñen recoñecemento de interese turístico: o Entroido de Xinzo de Limia (coas pantallas) é  Festa de Interés Turístico Internacional;  de Interés Turístico Nacional o de Verín (cos cigarróns).

Outros sete teñen o recoñecemento de Festas de Galicia de Interese Turístico: o  de Cobres (coas damas e os galáns), o de Laza (cos seus peliqueiros), o  de Viana do Bolo (no que o personaxe central é o boteiro ),  o Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda (coas mázcaras), os Xenerais do Ulla, o Entroido de Maceda (cos felos) e o Entroido de Vilariño de Conso (co boteiro coma personaxe estelar).

Pero hai máis entroidos en Galicia: o de Pontevdra, co loro Ravachol como persoeiro central; A Voda da Pita (Eiroás, Cudeiro, en Ourense);  O Oso de Salcedo (A Pobra do Brollón, Lugo); As Bonitas (Cartelle, Ourense); Os Choqueiros. (A Coruña);  Os Vellaróns (Riós, Ourense); Os Volantes  (Chantada, Lugo), os Vellaróns /Riós, Ourense) ou, entre outros de menos sona, os Vergalleiros de Sarreaus (Ourense) con máscaras, equiparables aos cigarróns de Verín ou aos peliqueiros de Laza.

A maioría das festas gastronómicas máis madrugadoras do ano van ligadas ao Entroido: A Feira do Cocido de Lalín, a do Porco Celta de Sarria, a do Petote de Cerdedo Cotobade, a da Filloa de Lestedo, a do Lacón con Grelos de Cuntis, a da Androlla de Viana do Bolo e de Navia de Suarna, a do Butelo da Fonsagrada e o Barco de Valdeorras, o Baile da Cachucha de Sober, a Feira do Grelo de Monfero e de As Pontes ou a da Cachuca, a Bica, o Xestré e o Licor Café en Laza.