Cara e cruz económica da provincia de Ourense



Alimentación e emprego por conta propia constituen a cara e cruz laboral na provincia de Ourense, na que destaca a industria agroalimentaria con 6.200 ocupados, o mellor rexitro en dez anos, e que supón o 15,6% dos ocupados galegos nesta actividade. A cifra de traballadores por conta propia caeu un 13% no último ano en varios sectores como consecuencia da Covid-19. Son datos recollidos polo Observatorio Económico Ourensán correspondente o cuarto trimestre de 2020.

Segundo o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, albíscase “un novo escenario para a economía da provincia que require análises locais, específicos, porque os retos e as oportunidades tamén están a mudar na mesma secuencia”.

O mandatario afirmou, despois de avaliar o estudo xunto ao pofesor Andrés Mazaira, que “Ourense resiste en plena pandemia, reconfigurando valores da economía social da provincia”.