Aumenta a agricultura ecolóxica en 1.1 millóns de hectáreas


As terras agrícolas dedicadas á producción ecolóxica aumentaron en 1,1 millóns de hectáreas e as vendas comercializadas polo miudo de alimentos ecolóxicos continuaron medrando até chegar aos 106.000 millóns de euros, segundo un informe presentado polo instituto de investigación sectorial Agricultura Orgánica FiBL e IFOAM Organics Internacional, na feira Biofach, que, este ano en edicióm dixital, remata hoxe en Nürenberg.

O ministerio de Agricultura presentou neste evento o potencial dos alimentos ecolóxicos biolóxicos, destacando o de Craega, o consello regulador galego.

Tamén convocou o MAPA o premio “Alimentos de España 2020” o tempo que abre o prazo de solicitudes para as axudas da PAC.