A Deputación de Pontevedra abre ao público o seu patrimonio


Desde hoxe, mércores 17 de febrero, quedan abertas ao público en xeral, as instalacións do Museo Provincial de Pontevedra, a Biblioteca do servizo de Patrimonio Documental, e os castelos de Soutomaior, Sobroso e Castrodeza, segundo unha información confirmada onte polo propio organismo desde súa sede central, o pazo que preside a avenida de Montero Ríos da capital da provincia. 

Anticipamos que o Museo de Pontevedra estreará con marzo unha prometedora exposición fotográfica centrada na figura de José Suárez, fotógrafo “absolutamente singular dentro da fotografía galega”. A mostra antolóxica “José Suárez. 1902-1972” poderá visitarse no “edificio Castelao” do 2 de marzo ata o 18.