A Deputación da Coruña prepara axudas para axencias de viaxe


As axencias de viaxe poderán optar á próxima convocatoria de axudas de reactivación que prepara a Deputación da Coruña. A corporación provincial ultima a creación dunha nova liña de axudas directas aos sectores máis afectados pola pandemia similar ao PEl-Reactiva, segundo informa o organismo despois dunha reunión do presidente e vicepresidente provincial con membros da Asocación Galega que defende os intereses das comercializadoras, actualmente en “situación límite.

Os representantes da asociación en defensa das axencias de viaxe, entidade que conta con máis dun centenar de socias, integra principalmente a pequenas minoristas (a mayoría son mulleres) autónomos e micropemes. O encontro permitiu coñecer a situación actual por parte do presidente Valentín González e o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, e as demandas deste sector cos negocios prácticamente “paralizados” por efectos da pandemia, posto que a facturación reduceuse nun noventa por cento. A Deputación coruñesa xa destinou o ano pasado, en colaboración cos concellos, 15,5 millóns de euros para autónomos e microempresas. O novo plan que se prepara abarcará ao presente ano 2021.